Inaugurada na Biblioteca municipal de Narón unha exposición da Asociación Artístico-Cultural Mesturas

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a edil de Cultura, María del Carmen Espada, acudiron este sábado á inauguración dunha exposición da Asociación Artístico-Cultural Mesturas, xunto coa presidenta da entidade, María del Carmen Sendón, a secretaria, Amelia de Querol, e vairos socios.

Desde este sábado e ata o vindeiro 30 de decembro permanecerán expostas na Biblioteca municipal un total de trinta e dúas obras pictóricas realizadas por socios e amigos de Mesturas.
A maior parte dos cadros están realizados ao óleo, aínda que nalgún tamén se empregaron outras técnicas, como o pastel.

A alcaldesa destacou o traballo realizado pola Asociación Mesturas en Narón e recordou que se trata dunha entidade constituída no ano 2012 e á que este mesmo verán se lle cedeu un local municipal na Faísca. Ferreiro valorou a ampla oferta de actividades artísticas e de lecer que organiza o colectivo ao longo do ano e recordou que a entidade colaborou en varias ocasións co Concello en eventos como “Arte na Rúa”, un encontro artístico celebrado no ano 2012 na Praza da Gándara, e en iniciativas relacionadas coa Educación Viaria.

A presidenta de Mesturas agradeceu a colaboración prestada polo Concello de Narón á asociación e recordou parte do labor e dos obxectivos da mesma, entre os que están incentivar a creatividade e promover a cultura, así como apostar pola formación artística nas súas diferentes manifestacións.

súa banda, a concelleira de Cultura de Narón asegurou que Mesturas “nace grazas á colaboración de persoas que fixeron da expresión artística o seu horizonte, co propósito de achegar a cultura á xente” e destacou a calidade artística dos traballos que compoñen esta mostra.

A exposición poderá verse na sala de exposicións da planta sótano da Biblioteca municipal deste hoxe ata o 23 de decembro de luns a venres en horario de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 e do 26 ao 30 de decembro de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.

Tanto a alcaldesa da cidade como a edil de Cultura animaron ás veciñas e veciños de Narón e comarca a desprazarse ata a Biblioteca municipal para ver os traballos realizados por un grupo de persoas vencelladas á Asociación Artístico-Cultural Mesturas.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …