O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que «é un escandalo que Augas de Galicia se presente a día de hoxe como mediador ou arbitro do desporpósito en que se ten convertido o sistema de depuración no concello de Ferrol. Hai que lembrar que a propietaria da EDAR é Augas de Galicia, que ésta da servizo a tres concellos, Ferrol, Narón e Neda e que por tanto ten carácter supramunicipal e que lla entregou aos veciños desta cidade nunhas condicións nas que non podía funcionar, e por tanto o PP da Xunta de Galiza non pode eludir a súa responsabilidade no referente ao sistema de depuración en Ferrol nin presentarse como mediador nunha situación da que é o máximo responsábel».
Asi mesmo, desde o BNG consideran » intolerabel que o goberno de Ferrol se presente a este tipo de reunión de maneira tan sumisa e se continue coa dinámica colaboracionista iniciada co Partido Popular facendose cargo dunha infraestrutura que non e nosa, da súa reparación e da súa xestión para maior lucro de EMAFESA e sen exixir a mínima responsabilidade á Augas de Galiza por todo este desastre.
Resposta do Consello Consultivo
Por outra banda o BNG senala que «o Consello Consultivo ven de respostar á pregunta pactada por Fec e PP no pleno en que decidiron levantar a suspensión da taxa de depuración do PP».
Para o BNG a resposta «demostra que acontecido no pleno non foi máis que un teatro para intentar xustificar o acordo político previo existente entre o Goberno Local e o Partido Popular para posibilitar o levantamento da suspensión da taxa de saneamento imposta no seu día polo goberno de Rey Varela. Un acordo que supón un despropósito de tal calibre que nin o PP era capaz de asumir nin de defender o levantamento da súa propia taxa e inventa este tipo de consultas para intentar xustificarlo».
Na súa resposta o consello consultivo indica que ademais de que a pregunta esta mal formulada, o consello consultivo non está para dirimir sobre este tipo de cuestións.
Unha vez coñecida a resolución do Consello Consultivo evidenciase que non era preciso solicitar este informe e que só se fixo para envolver un pacto político entre Ferrol en Común e o Partido Popular para beneficio exclusivo da parte privada de Emafesa.