Presentada a programación do Nadal en Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presentou na mañá deste luns xunto coas concelleiras de Festas, Mar Gómez; Turismo, Natalia Hermida; Bibliotecas, Mercedes Taibo, e Acción Social, Catalina García, a programación de Nadal deseñada polo Concello:»Nadal en Narón«.

Representacións teatrais e musicais, obradoiros en espazos públicos da cidade, unha pista de patinaxe –de xeo ecolóxico-, actividades infantís, o Tren de Nadal, a IX Xornada Moteira Solidaria, o IX Mercado de Segunda Man e a Cabalgata solidaria centrarán boa parte dos actos programados ata o vindeiro 7 de xaneiro en diferentes ubicacións da cidade.

Este martes

E para ambientar estas datas, mañá ás 18.30 horas, tal e como recordou Marián Ferreiro, realizarase nos xardíns da Residencia San José (Piñeiros) o acto oficial de acendido do alumeado de Nadal, unha convocatoria organizada en colaboración coa AVV Piñeiros e na que se poderán degustar liscos e chourizos crioulos.

O videiro sábado día 9 continuarán as actividades do programa Prazas Vivas –obradoiros de grafitti, baile, patinaxe, xincana deportiva…- na Praza da Constitución (A Solaina), entre as 16.30 e as 18.30 horas, e o domingo 10 celebrarase un ano máis en Sedes, no recinto feiral do Trece, o IX Mercado de Segunda Man, cun centenar de postos que permanecerán abertos de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. O programa Prazas Vivas continuará desenvolvéndose ata o vindeiro 30 de decembro en diferentes ubicacións da zona urbana e rural do municipio, tal e como apuntou a edil de Acción Social, Catalina García.

O ballet El Cascanueces15 de decembro-; o espectáculo de danza Vuelos –o día 16-; música góspel con Érase unha vez Nueva Orleáns –día 22-; música tradicional a cargo de The Tambourine Mandía 23 de decembro-, apuntou Ferreiro, centrarán a actividade navideña no Pazo, donde xa están á venda as entradas. Tamén se inclúe no programa, como cada ano, o Concerto de Fin de Ano de Sementeira, que será o 29 de decembro a partir das 20.30 e a representación tamén no Pazo da obra A canción do elefante, o día 30.

A edil de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, recordou que ata o vindeiro 15 de decembro permanece aberto o prazo de inscrición no programa municipal Informática Divertida (INDI), con sesións de programación e robótica educativa para nenas e nenos de 8 a 12 anos, que se desenvolverá do 26 de decembro ao 4 de xaneiro na Aula Cemit de Xuvia. As inscricións deben tramitarse no Concello no caso dos cursos convocados en Xuvia ou facelo nos locais sociais das parroquias para acudir aos que se desenvolverán na zona rural durante esas mesmas datas. Tamén con inscrición haberá actividades na Biblioteca Municipal, apuntou Mercedes Taibo, con variados obradoiros que comezarán o 19 de decembro cun dirixido a adultos sobre envoltura de agasallos e continuarán a partir do día 23 deste mes con outras propostas infantís.

Entre as actividades deste ano están tamén Nadal Máxico, O Nadal na rúa!, do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, con actividades na Praza de Galicia de 16.30 a 19.30 e Vilas de Nadal, do 2 ao 7 de xaneiro na Praza da Gándara, tamén de 16.30 a 19.30 horas, cunha pista de patinaxe –os patíns alúganse a 2 euros por persoa por un tempo duns 25 minutos-, música, obradoiros creativos e moitas outras propostas.

A Concellería de Promoción Económica, que preside Pablo Villamar, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón volverá a poñer en marcha este ano o Tren de Nadal, de 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00 horas entre os días 26 e 29 de decembro. O percorrido iniciarase na parada de bus localizada xunto ao Concello e continuará pola estrada de Castela ata Xuvia, para regresar á Ponte das Cabras e desde alí ata as inmediacións do Concello para rematar a ruta. Os tickets entréganse por comprar nos establecementos comerciais da localidade adheridos –que estarán debidamente identificados- e tamén poden comprarse por un prezo dun euro ao inicio das viaxes.

Na área de Festas, apuntou Mar Gómez, celebraranse na Praza de Galicia, e con entrada de balde, o II Rock Narón Festival, o día 23 de decembro a partir das 21.00 horas, coa actuación de Oveja Negra, Sin Tron ni Son, On Fire, Black Jack e Rif-Raf, que versionarán temas de diferentes grupos, e de Burning. Así mesmo, o día 31 será a Festa de Fin de Ano na praza de Galicia, coa actuación de dous DJ´s e da orquestra New York a partir das 00.00 horas.

A IX Xornada Moteira Solidaria o 23 de decembro, de 16.00 a 20.00 horas, na Praza de Galicia e a Cabalgata solidaria do 5 de xaneiro –con saída de Xuvia ás 16.00 horas cara á Praza de Galicia- completan esta programación navideña.

O Concello editou 7.000 programas –poden consultarse a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Folleto_Nadal_Naron_2017.pdf con toda a programación de Nadal, que se repartiron xa en centrosde ensino do municipio e que se poden recoller tamén no Punto de Información do Concello –na entrada principal- e no Pazo da Cultura. “Con esta variada programación desde o goberno local apostamos por convocar unha serie de actuacións e actividades dirixidas a diferentes tipos de público, reforzando o programa do pasado ano con novas propostas, como a pista de patinaxe e máis obradoiros en espazos e instalacións municipais, das que poderán gozar as veciñas e veciños de Narón e comarca”, destacou a alcaldesa. Ferreiro e as representantes do goberno local animaron á veciñanza a acudir este martes ao acto de acendido do alumeado navideño en Piñeiros e a participar nestas propostas do programa Nadal en Narón.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …