Representantes dos concellos de Narón, Ferrol e Neda participaron nunha simulación das rutas turísticas do proxecto Galicia Norte, Mares de Experiencias

Representantes dos concellos de Ferrol, Narón e Neda participaron este luns na simulación de dúas das dez rutas turísticas que integrarán o proxecto ‘Galicia Norte, Mares de Experiencias’, que impulsan o GALP A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte.

En concreto, asistiron o primeiro tenente de alcalde de Ferrol, o concelleiro de Urbanismo e a concelleira de Turismo de Narón, así como a técnica de Cultura de Neda. Tamén se sumaron á visita a presidenta da Confraría de Pescadores de Ferrol, a Asociación de Empresas Turísticas Río Mandeo, o Club de Golf Campomar, a Granxa Escola Belelle, o Club Ferrolvento Windsurf e Belén Rubido de Roteiros, ademais de particulares.

O historiador do Concello de Narón, Andrés Pena, foi o encargado de dirixir a visita, durante a cal explicou a importancia da ponte sobre o río Xuvia e o muíño que se atopa na súa ribeira. Estes recursos forman parte de dúas das dez rutas turísticas que conforman o proxecto ‘Galicia Norte’ e que se presentarán nas próximas semanas.

Lea también

Una mujer atropellada en un paso de peatones, en Narón

Sobre las diez de la mañana de este martes se registró un accidente en el …