“A violencia machista no rural: a violencia invisibilizada”, título da mesa redonda do Foro Ferrol Vivo Esmelle para conmemorar o 25N

Foro Ferrol Vivo

Co gallo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia Machista, e cando aínda non queda moi lonxe a celebración do Día das Mulleres Rurais (15 de outubro), o Foro Ferrol Vivo organiza unha mesa redonda na que pretende abordar a violencia de xénero na zona rural. “A violencia machista no rural: a violencia invisibilizada” é o nome desta iniciativa, que terá lugar o mesmo día 25 de novembro, ás doce da mañá, no local social de Esmelle.

Nesta mesa participarán a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Esmelle, Mariví Fernández Beceiro; a presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) de Galicia, Rosa Arcos; a médica de familia do centro de saúde de Santa Cruz (Oleiros) e experta en violencia machista, Carmen Acuña; e a psicóloga clínica da Unidade de Saúde Mental de Noia, Irene Martínez. O debate será conducido por representantes do grupo de traballo de Igualdade do Foro Ferrol Vivo.

Dende o FFV faise un chamamento á participación nesta mesa redonda non só ás mulleres e homes da zona rural de Ferrol, senón tamén a todas as persoas interesadas no que se ten convertido nunha das máis duras lacras deste século XXI.

O Foro Ferrol Vivo, que está a piques de cumprir o seu primeiro ano de vida, iniciaba precisamente a súa andaina cunha reivindicación relativa á loita contra a violencia machista: a reclamación dun Xulgado específico de Violencia de Xénero en Ferrol para atender como marca a Lei de 2004 ás vítimas.

Lea también

El BNG denuncia «persecución» laboral en la residencia de Caranza, donde la Xunta busca «reconducir» la situación

El diputado del BNG Ramón Fernández Alfonzo ha denunciado «persecución» laboral en la residencia de …