Sorte dispar para as irmás Alonso do Triatlón Ferrol. Mentres Camila tiña que abandonar ao atoparse sen forzas na bici, Melina aguantou para correr e cruzar a meta en quinto lugar.
Asinando unha boa natación, Melina Alonso colocouse no grupo de cabeza ata que dúas triatletas lideraron unha escapada. A internacional do Triatlón Ferrol soubo xestionar as forzas e na carreira a pé puido superar unha delas e conseguir, como a cuarta mellor do seu pelotón, a quinta posición final coa que dá por rematada a temporada.
No caso de Camila Alonso, a próxima semana viaxará a Santo Domingo, onde tamén defenderá título antes de finalizar as competicións de 2017.