Camila e Melina Alonso defenden o dobrete conseguido en 2016 na Copa continental de Agadir

Camila e Melina Alonso – Triatlón Ferrol

Camila e Melina Alonso volven esta fin de semana á competición internacional na Copa de África de Agadir onde a pasada temporada asinaron un dobrete levándose ouro e prata.

Entre as irmás do Triatlón Ferrol conta con máis posibilidades de subir ao podio Camila Alonso, quen escalou un posto na clasificación mundial despois da Copa do Mundo de Salinas e agora é a 91ª mellor triatleta do mundo.

Pola súa banda, Melina Alonso buscará resarcirse do abandono da súa última proba, cando na Copa do Mundo de Weihai sufriu unha avaría en bici.

A Copa continental de Agadir disputarase este sábado en distancia olímpica -1.500 m de natación, 40 km de ciclismo e 10 km de carreira-.

Lea también

AD Judo Ferrolterra consigue siete Oros en la III Jornada de la Liga Galicia Rías Altas

El pasado sábado 24 de enero se disputó en Arteixo la 3ª Jornada de la …