Multitudinaria recepción aos mellores deportistas feneses da tempada 2016/17

Foto de familia dos premiados 2016/2017 – Concello de Fene

A Corporación Municipal de Fene homenaxeou o pasado venres aos deportistas das escolas e clubs feneses que acadaron podio en competicións oficiais durante a tempada 2016/2017. No acto, celebrado nas instalacións do CCRD de Perlío, recoñeceuse tamén o traballo dos deportistas feneses que, aínda pertencendo a outros clubs da bisbarra, acadaron podio en competicións oficiais a título individual.

A homenaxe, organizada pola Concellería de Deportes, tiña como obxectivo, salientar o esforzo que supón acadar eses méritos deportivos e facer público o recoñecemento do Concello de Fene pola calidade dos seus deportistas.

Numeroso público arroupou nesta recepción aos homenaxeados que recibiron un pequeno agasallo da man do alcalde de Fene, Juventino Trigo, do concelleiro de Deportes, Justo Martínez, e dos/as tamén concelleiros/as da Corporación Municipal. Sandra Permuy, Mariela Aguilar, Gumersindo Galego, Ana Novo, Amalia García e César Martínez.

O acto contou coa presenza de deportistas dos clubs Artes Marciais Fene (Kárate e Judo), O son de cociña / Unidade de Fene (fútbol sala), Cultural Maniños (fútbol feminino), CAS Nautilus (fotografía submarina), Club Atletismo Fene, CLS Limodre (chave), Club Ximnasia Artística Ferrolterra, Fusion Dance, Escudería Scratch Fene, Club BTT, e dos deportistas feneses Noelia e Sergio Cob Álvaro (patinaxe freestyle) e Marcos Ruiz Brage (triatlón).

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …