O talento e a personalidade feita música se concentran no nome de Bill Callahan, que estará este sábado 28 de outubro as 21:00 horas no Auditorio de Ferrol dentro do ciclo Son(s) Ferrol, unha delicia para este outono 2017 que chega da man da Concellería de Cultura, cunha oferta extensa e intensa para todos os públicos i estilos.
Tambén coñecido como Smog, Bill é un músico estadounidense, pioneiro do xénero lo-fi, que nace a partir do rock alternativo. Comezou gravando temas en cintas na súa propia casa ate acadar o recoñecemento do público, e fichar polo selo discrográfico Drag City.
Auténtico trobador do son americano, elegante e certeiro, dentro da súa aura desvalida caben unha voz de barítono inconfundible e un talento letrista moi por encima do común. Estará na nosa cidade, nun concerto único, para deleitar a propios e estraños repasando, entre outros, os grandes temas de “I have fun with God.”
As entradas, coma sempre, a venda xa na billeteira do Teatro Jofre no horario habitual ou na web, desde 18 euros, facendo clic aquí: https://entradas.ataquilla.com/…/a…/7877–bill-callahan.html
XA A VENDA AS ENTRADAS PARA EILEN JEWELL, LILA DOWNS E CARLOS NÚÑEZ
Por outra parte, na mesma páxina web do Concello de Ferrol www.ferrol.es/cultura xa están a venda as entradas para os concertazos que se están por chegar ata o mes de decembro e que completan este derradeiro trimestre cultural do ano con nomes propios da música como Eilen Jewell, Lila Downs,e Carlos Núñez.
EILEN JEWELL, 17 de novembro ás 21:00 horas no Auditorio
Logo de lanzar cinco álbums de cancións orixinais aclamadas pola crítica, a «raíña do acorde menor» decide esta vez atoparse co blues. Eilen Jewell vén cunha nova colección de vellas e audaces versións de blues e R&B que se suman á potente mestura de country clásico, folk e rock and roll que caracteriza a súa música orixinal. Desde o poderío dos barrelhouse da Bessie Smith dos anos 20, aos sons eléctricos da Betty James dos 60, a música blues foi sempre unha forte influencia para os nativos de Boise (Idaho).
LILA DOWNS, 25 de novembro ás 21:00 horas no Auditorio
Gañou o respecto de todos grazas á súa voz de reminiscencias telúricas e unha visión firme e confiada da multiculturalidade. No seu undécimo disco, Salón, bágoas e desexo, Downs reincorpora o bolero a un discurso que anteriormente xa se deixou querer polo jazz, o blues, o soul, a cumbia e mesmo o rap.
A marabilla de Lila Downs é froito da súa mesura: filla dunha indíxena mixteca, leva dende os 15 anos compartindo a súa talentosa voz co mundo.
CARLOS NÚÑEZ, 21 de decembro ás 21:00 no Jofre.
Carlos Núñez estará no Teatro Jofre dentro da súa xira de nadal. Este ano, o mago das gaitas e as frautas traeranos sorpresas ao Teatro que nos irá descubrindo. Colaboracións con músicos que nos sorprenderán e faranos viaxar pola esencia da música celta a través de países como Irlanda, Escocia ou Bretaña.