O Concello de Fene fará unha recepción aos seus mellores deportistas

Foto de familia da recepción do 2016 – Concello de Fene

A Concellería de Deportes de Fene organiza unha recepción aos deportistas das escolas e clubs feneses que acadaron podio en competicións oficiais durante a tempada 2016/2017. Tamén se recoñecerá aos deportistas feneses que, aínda pertencendo a outros clubs da bisbarra, acadaron podio en competicións oficiais a título individual. O acto terá lugar no Círculo de Perlío este venres ás 19.30 horas.

A homenaxe ten como obxectivo salientar o esforzo que supón acadar eses méritos deportivos e facer público o recoñecemento por parte da Corporación Municipal de Fene pola calidade dos seus deportistas que conseguiron nos últimos meses magníficos resultados, tanto a nivel individual coma por equipos, en disciplinas coma o kárate, judo, fútbol sala, fútbol feminino, fotografía submarina, atletismo, chave, ximnasia artística, patinaxe, baile urbán, ciclismo de montaña, automobilismo e triatlón.

O acto contará coa presenza de deportistas dos clubs Artes Marciais Fene (Kárate e Judo), O Son de Cociña / Unidade de Fene (fútbol sala), Cultural Maniños (fútbol feminino), CAS Nautilus (fotografía submarina), Club Atletismo Fene, CLS Limodre (chave), Club Ximnasia Artística Ferrolterra, Fusion Dance, Escudería Scratch Fene, Club BTT, e dos deportistas feneses Noelia e Sergio Cob Álvaro (patinaxe freestyle) e Marcos Ruiz Brage (triatlón).

Lea también

Triple sobre la bocina del BBCA masculino para recuperar la sonrisa con una victoria épica

Épica victoria del Costa Artabra sobre la bocina, en un trabajado encuentro este sábado ante …