Este luns 23 remata o prazo aberto pola Concelleira de Cultura, Ensino e Universidade para a convocatoria pública de axudas para o transporte diario de estudantes universitarios de Ferrol as facultades do campus de A Coruña, o chamado bonobus universitario para o curso 2017/2018, o chamado Bonobús.
Estas axudas teñen por obxecto facilitar e subvencionar o desprazamento diario I/V dos veciños do Concello de Ferrol matriculados/as nas diferentes Escolas ou Facultades da Universidade da Coruña, Campus da Coruña e a súa percepción é compatibles con outras axudas públicas e privadas.
O importe consignado polo Goberno de Ferrol a este fin ascende a 23.970,63 euros con cargo as dúas anualidades (de setembro de 2017 a decembro de 2017: 9.588,25,00, e de xaneiro de 2018 a xuño de 2018: 14.382,38).
O prazo de presentación das solicitudes, no Rexistro Xeral do Concello, remata as 14:00 horas do día 23 de outubro de 2017.
Aquí tendes a información e os documentos se que precisan achegar para completar a solicitude:
– Fotocopia cotexada do DNI ou NIF do/a solicitante.
– Fotocopia cotexada do resgardo de matrícula do curso correspondente á convocatoria do bono bus universitario, e da tarxeta de estudante.
– Fotocopia cotexada da Declaración da Renda de tódolos membros da unidade familiar. No seu defecto, certificación de ingresos anuais da Seguridade Social (no caso de pensionistas), ou do Servizo Público de Emprego-SPE (no caso de desempregados/as).
– Certificado de empadroamento da unidade familiar (solicitase de oficio desde o propio negociado de Educación)
– Declaración responsable de non recibir bolsa ou axuda para o mesmo concepto ou da súa percepción, no seu caso, con indicación da procedencia, concepto e contía.
– Declaración responsable de estar ao corrente coas obrigas tributarias (Estado, Comunidade Autónoma e Concello), e coa Seguridade Social, así coma non ser debedor de obrigas por reintegro de subvencións.
– Declaración responsable de non estar incurso nas causas de incompatibilidade ou incapacidade para ser beneficiario ou percibir axudas da Administración.
Os/as alumnos/as que resulten beneficiarios/as da axuda ó bono-bus ou ben as persoas que mercan o bono no seu nome deberán asinar mensualmente a súa adquisición na empresa adxudicataria do servizo de transporte, incluídos os meses anteriores á data de resolución desta convocatoria que o/a beneficiario/a comprase dende o comezo do curso 2017-2018.