O goberno de Ferrol achega os informes do programa +Rural de este primeiro mes

Jorge Suárez e Saínza Ruíz na presentación dos informes de +Rural – Concello de Ferrol

O Goberno de Ferrol, representado polo alcalde e pola concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, realizaron na tarde de onte a terceira das xuntanzas planificadas no programa +Rural, cumprindo co cronograma de traballo deste programa de acción e atención específica a zona rural, para dar resposta, por primeira vez, as demandas de todas as parroquias do municipio e poñer en valor o rural.

As primeiras xuntanzas arrancaron o 1 de setembro e se prolongarán ate a primavera do 2018. Na tarde deste martes 10, tiña lugar no local social da AVV da Cabana, xa que van itinerando por todas as parroquias e se organizan por áreas temáticas co ánimo de abranguer todas as cuestións que preocupan aos veciños, desde hai anos relacionados co transporte público, saneamento, beirarrúas e fochancas, novas tecnoloxías, cuestións ambientais, obras e servizos, mobilidade, cultura e festas, por exemplo.

O compromiso e a vontade do Goberno, como así llo trasalaron onte Suárez e Saínza Ruiz aos representantes da zona rural, e darlles cumprida resposta na medida que fose posible con cargo aos fondos propios do Concello e buscando a implicación doutras Administración, como a Deputación provincial co PAS e o POS.

Na tarde de onte, os veciños recibiron unha copia do informe coas accións e medidas activas polo goberno para ir dando resposta as súas demandas. Segundo manifestaba o rexedor, a medio camiño do programa, farase unha avaliación dos resultados e dos investimentos ao remate do mesmo, e a maiores dos recursos propios, contamos coas achegas doutras Administracións e dos Fondos Europeos, a través do GDR Seitura 22”, explicaba o rexedor.

A xuntanza anterior, tiña lugar na AVV de Valón co alcalde e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Victoria, e a primeira, o 1 de setembro, coa presentación do programa foi en Serantes. A próxima que está fixada é para o 2 de novembro, con María Fernández Lemos, concelleira de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda, Rehabilitación e Mobilidade.

Lea también

Trasladada una persona por inhalación de humo en Ferrol, al quedar olvidada una sartén al fuego

Una persona ha tenido que ser trasladada por inhalación de humo este jueves en Ferrol …