15 persoas inician un curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

Álvaro Montes durante a presentación – Concello de Ferrol

O concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Álvaro Montes, acompañou hoxe ao alumnado que este luns iniciaba, no Centro Municipal de Emprego do Concello de Ferrol en Catabois, o curso (AFD) de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Este curso, explicaba Montes, conta con financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria, cunha achega de 33.378 euros, ao abeiro da convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas correspondente aos exercicios 2017 e 2018. Subliñou a importancia de formar a persas en situación de desemprego en atención a persoas dependentes, an procura dunha oportunidade laboral.

O curso, do que toman parte 15 alumnas e alumnos inscritos no Servizo Público de Emprego, suma un total de 468 horas lectivas, 388 son de formación específico e 80 horas de prácticas profesionais en horario de luns a venres de 9 a 14:00 horas.

Está previsto que remate a mediados de marzo. Ao termo, o alumanos obterá a súa titulación con certificado de profesionalidade desta especialidade formativa (nivel 2) que os capacita para desenvolver esta ocupación dentro da área profesional da atención social, na asistencia a persoas dependentes no ámbito sociosanitario en institucións sociais.

Lea también

Trasladada una persona por inhalación de humo en Ferrol, al quedar olvidada una sartén al fuego

Una persona ha tenido que ser trasladada por inhalación de humo este jueves en Ferrol …