Inés Santiago remata 11° a Copa de Europa de Melilla

Inés Santiago en Melilla – Triatlón Ferrol

Inés Santiago remontou ata a 11° posición na final das Copas de Europa en Melilla despois de problemas mecánicos en bici.

A canteirá do Triatlón Ferrol nadou os 1.500 do primeiro segmento co grupo de cabeza pero só puido aguantar unha volta de ciclismo con elas porque algo lle pasaba á súa bici, que non logrou identificar e que lle fixo perder forza. Así caeu ao pelotón perseguidor e tomarse a revancha no sector a pé. A ferrolá comezou a correr a un ritmo de 3:35 o quilómetro e cruzou a meta como a mellor española.

En junior, Ana Carvajal tamén finalizou como a mellor representante da selección ao ser quinta, a menos de 30 segundos do bronce.

Lea también

Cabo da Cruz prolonga su dominio en Ferrol y A Cabana firma su mejor resultado de la temporada

Cabo da Cruz continúa sin encontrar rival en la Liga Galega de Traiñeiras-Trofeo Xunta de …