En Marea apoia as reivindicacións das empresas auxiliares do naval

(Foto: Galicia Ártabra).

A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, amosa o seu total apoio ás reivindicacións dos traballadores/as das empresas auxiliares do metal en Ferrol, que prestan os seus servicios principalmente no estaleiro de Navantia.

A deputada sinalou que “temos presentado iniciativas esixindo o cumprimento dos convenios do 2001 e 2006 na industria auxiliar en Ferrol, que están vivindo en condicións de case escravitude, traballando 12 horas e con salarios completamente diferentes en relación aos compañeiros que traballan na empresa principal”.

Díaz denunciou que o sector naval, e especialmente as empresas auxiliares, foron as máis perxudicadas trala crise económica, “e deben recuperarse xa os dereitos laborais e sociais perdidos polas traballadoras e traballadores”.

Así, Yolanda Díaz demanda urxencia á hora de aprobar as táboas salariais, regular as xornadas laborais, erradicando xornadas excesivas e respetando os descansos semanais e establecer acordos específicos para a área de carenas.

A deputada de En Marea denuncia, unha vez máis, os abusos inaceptables nas condicións laborais que esixen na empresa auxiliar, entre outros, “a existencia de distintas escalas salariais para as mesmas categorías na mesma empresa”.

Ademais, alerta dun retroceso nos dereitos laborais de 25 anos atrás.

Díaz insiste no cumprimento dos acordos asinados coa industria auxiliar o 27 de xaneiro de 2006, “para evitar o proceso de deterioro e precarización laboral existente, e ao que hai que engadir as melloras propias da situación actual, como formación, prevención de riscos laborais, etc”.

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol secundarán este jueves un paro de 24 horas

Los trabajadores de Navantia Ferrol han aprobado este lunes, en asamblea, secundar el próximo jueves, …