Rosalía actuará no Auditorio de Ferrol o 7 de outubro

Rosalía

Ven de ser nomeada a vindeira edición dos Grammys Latinos na categoría de Novo Mellor Artista. Coñecida como a Patti Smith dos tablaos, Rosalía estará actuando no Auditorio de Ferrol o vindeiro 7 de outubro, sábado, as 21:00 horas.

ROSALÍA & RAÚL REFREE presentan o traballo ‘Los Angeles’, na súa primeira visita ao Auditorio nunha oportunidade única. As entradas xa están a venda na billeteira do Teatro Jofre, ou ben, na páxina web a un prezo de 10 euros. O concerto comezará as 21:00 horas. http://www.ferrol.es/jofre/Paginas/SelEvento.aspx

Rosalía non será a unha pequena xoia deste mes de outubro xa que un día antes, actuará no teatro Jofre a banda neoiorquina Luna+Ramírez Exposure, que traen baixo o brazo o o album “Penthouse” (1995), considerado pola revista Rolling Stone como un disco esencial dos noventa.

A banda neoiorquina «LUNA» está de volta, e chega a Galicia dentro do ciclo Sons de Ferrol, coa mesma formación que tivo entre 1999 e 2005: Dean Wareham, Britta Phillips, Lee Wall e Sean Eden. O concerto de LUNA, estará precedido polo valenciano «Ramírez Exposure», unha das revelacións da música peninsular dos últimos anos.

Será o venres 6 as 21:00 horas no Teatro Jofre coas entradas a 14 euros.

A oferta musical deste mes de outubro se completa coa banda indie de moda do momento, The Pains of Being Pure at Heart, o 13 de outubro no Teatro Jofre as 21:00. Para a presentación en directo do seu novo disco o grupo estará formado por:Kip Berman (voz e guitarra), Christoph Hochheim (guitarra; Ablebody, ex Depreciation Guild), Chris Shackerman (batería; ex Mercury Girls, ex Literature) e Jess Rojas (teclados e voces). As entradas, xa a venda, custan 12 euros.

Antes, o Auditorio acollerá o concerto da formación Los Secretos, o 8 de outubro as 20:30 horas. Un concerto acústico organizado por unha promotora que alugou o recinto municipal e coas entradas practicamente vendidas.

Lea también

Presentación de la novela «Confesión» de Eduardo Martínez Rico, en Ferrol

  Recientemente tuvo lugar en el Casino Ferrolano la presentación de la novela «Confesión», de …