Recordos e recoñecementos na Cea Solidaria Anual de AFAL Ferrolterra

Cena de AFAL – AFAL

Preto de 130 persoas déronse cita onte á noite no Asador Gavia do Hotel Carrís Almirante de Ferrol para tomar parte na Cea Solidaria Anual de AFAL Ferrolterra. Un evento que a asociación organiza co gallo do Día Mundial do Alzheimer. A celebración daba comezo ás 21,30 horas cun photocall no que AFAL invitou ós asistentes a sumarse á campaña #RecordaQuenSon. Para iso, fotografáronse coa imaxe dunha das usuarias, Menchu, que simbolizaba a todas as persoas afectadas pola enfermidade e que non queremos esquecer nunca.

A presidenta de AFAL, Ana López, agradeceu a asistencia de todos os presentes e o apoio que brindan no día a día a AFAL. Tamén fixo unha mención especial a Equiocio por pensar na asociación para convertila na pasada edición en protagonista do seu I TRAIL Solidario e fíxolle entrega a Ana Pérez Lago dunha bandexa de Sargadelos como mostra de afecto. Tamén tivo un papel destacado Cabanas Rural Asociación de Mulleres. AFAL compartiu a través dun pequeno vídeo unha mostra dos momentos máis especiais da Tarde Solidaria de Cabanas Rural que, dende 2010, adica a AFAL. Como mostra tamén de agradecemento e cariño Ana María López entregoulle a Bea Carbón, en representación de Cabanas Rural, unha Menina de Sargadelos e esta fíxolle entrega da recadación da última Tarde Solidaria e do cadro que conxuntamente pintaron nesta cita os usuarios de AFAL e as alumnas do taller de manualidades.

Así mesmo, López puxo en valor o traballo da presidenta de honra, Milagros Prieto, e de Jesús Victoria, voluntario incondicional da asociación, que entregaron o mellor de si mesmos durante 20 anos para facer que AFAL sexa o que é hoxe.

A súa intervención rematou cunha proxección do día a día da asociación. De seguido, familias de afectados, equipo de traballadores, voluntarios, directiva e moitos amigos e amigas da asociación compartían a cea. Entre os representantes institucionais atopábanse o senador Angel Mato; os alcaldes de Cabanas, Germán Castrillón; Valdoviño, Alberto González; os deputados provinciais Luis Rubido e Gumersindo Galego; o primeiro tenente de alcalde de Pontedeume, José Simoes, e a edil de Benestar eumesa, Raquel Caruncho; a concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio, e os responsables de Obras, Pablo Mouriz, e Deportes, Román Romero; a concelleira de Benestar de Ferrol, Saínza Ruiz, e a voceira do PP de Ferrol, Martina Aneiros, e a edil Rosa Martínez Beceiro; a concelleira de Medio Ambiente de Fene, Mariela Aguilar; os concelleiros de Benestar de Neda, Ana Rosa Pena; Medio Ambiente, Begoña Balsa; Obras, Angel Cordero, e Deportes Antonio Seijo; os edís de Obras de Valdoviño e Cabanas, Benito Vega e Manuel González, respectivamente; o concelleiro de Deportes de Valdoviño, Sergio Saavedra, e de Servizos, Alejandro García; ou os concelleiros nedenses Ignacio Cabezón e Carmen Insua, entre outros. Un imprevisto de última hora impediu a presenza do rexidor de Cedeira, Pablo Moreda, que visitará o Centro de Día Terapéutico en próximas datas.

Ó remate da cea celebrouse un animadísimo sorteo de agasallos posible grazas á colaboración de diferentes establecementos da comarca. E, finalmente, Los Zares puxeron o broche de ouro á Cea Solidaria cunha selección do seu mellor repertorio.

Lea también

El BNG denuncia «persecución» laboral en la residencia de Caranza, donde la Xunta busca «reconducir» la situación

El diputado del BNG Ramón Fernández Alfonzo ha denunciado «persecución» laboral en la residencia de …