Top-20 para Inés Santiago debutando no Mundial sub-23

Inés Santiago nunha proba – Triatlón Ferrol

Obxectivo cumprido para Inés Santiago no Mundial sub-23 ao entrar no top-20 sendo 19ª. Non moi lonxe rematou a segunda integrante do Triatlón Ferrol, Camila Alonso, 26ª.

Nunha proba marcada polas baixas temperaturas, as ferrolás nadaron na metade da táboa. Inés Santiago conseguiu entrar nun pelotón próximo á cabeza e Camila Alonso algo máis retrasada. Volta tras volta as líderes facíanse inalcanzables pero non así meterse entre as 20 mellores do mundo.

Rematando o ciclismo, chegou unha segunda transición na que o frío atenazaba ás internacionais do Triatlón Ferrol. “Tiven que mirar dúas veces para abaixo a ver se tiña as zapatillas postas porque non sentía nada”, recoñece unha Camila Alonso que, aínda así, fixo unha das transicións máis rápidas do día.

Xa correndo, as dúas triatletas de Ferrol tiveron forzas suficientes para superar varias rivais e cruzar a meta en 19ª posición no caso da debutante Inés Santiago e 26ª, unha Camila Alonso que en 2017 pasará á categoría elite.

Broche de ouro nunha temporada na que Inés Santiago se proclamou campioa do Mediterráneo e subcampioa da Copa de Europa de Altafulla e na que Camila Alonso revalidou o título Iberoamericano.

Lea también

Triatlón Ferrol, bronce por clubes masculinos en el Dúatlon Cidade de Lugo

En la categoría de veteranos 2, destaca la competición de Juanchi González Orozco. El equipo …