O BNG considera incomprensíbel que o concello de Ferrol non se anule o convenio con Defensa

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, despois da comisión desenvolvida este martes, e tendo en conta o informe da intervención municipal quedou de manifesto a ausencia de informe de fiscalización, por parte da intervención municipal, respecto do Convenio asinado co Ministerio de Defensa. Para o BNG resulta absolutamente incomprensible que este goberno non anule o convenio subscrito polo PP no anterior mandato «senón fose que este goberno ten as mesmas intencións que o anterior respecto dun convenio no que pagamos por propiedades que deberían recuperarse para a cidade de modo gratuito e que exime de responsabilidade da conservación e mantemento desas instalacións ao citado Ministerio».

«Na comisión deste martes quedou acreditado que non se pode aprobar un convenio con repercusións económicas sen informe de intervención e que por tanto o actual convenio é nulo.

A resistencia do goberno a declarar a nulidade do convenio e a reclamar a aportación económica feita por este concello de 120.000€ demostra a complicidade que mantén co PP respecto desta cuestión na que a pesar de ser evidente a falta de requisitos necesarios para que o concello fixese algunha aportación económica.

Neste contexto só hai dúas saídas: ou ben se anula o convenio ou ben se volve a aprobar nun pleno o convenio asinado en 2015» sinala o BNG.

Para o BNG o goberno debería anular este convenio de maneira inmediata coa causa xustificada de carecer dos trámites necesarios como é este informe de fiscalización pero tamén polo feito de que os acordos tiñan unha vixencia dun ano que expiraron hai máis de dous.

«A partir desta declaración de nulidade o concello podería inicar a reclamación dos impostos que debería aboar o estado polas propiedades desafectadas e reclamarlle a conservación e mantemento das propiedades que posúe no concello do mesmo modo que fai cos particulares mediante a elablración das ITEs».

Para o BNG a opción adoptada por este goberno «de seguir mantendo no limbo estes acordos unicamente supón perxuizos para a cidade dos que o goberno local debería dar explicacións».

Lea también

El alcalde de Ferrol presidió el homenaje al personal funcionario municipal jubilado el último año

El alcalde de la ciudad, José Manuel Rey Varela, presidió este viernes 23 el acto …