Bronce do Triatlón Ferrol no campionato de España de relevos por parellas

Triatletas tras a proba – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol colgouse o bronce no campionato de España de tríatlon de relevos por parellas.

Na primeira posta, o dúo formado polas ferrolás Inés Santiago e Camila Alonso saíron en cabeza da auga aínda que coas perseguidoras moi preto. Foi no treito final de bici onde abriron un pequeno oco e entregaron o relevo primeiras, con dez segundos de vantaxe ao perder algo de tempo cunha caída sen consecuencias de Santiago correndo.

Cunha Emma Romeo que chegaba tocada a Pulpí, foi Paula Herrero quen tirou da súa compañeira para dar o testemuño en quinta posición.

No primeiro sector de natación, Melina Alonso e Ana Carvajal xa remontaron unha posición pero tiñan lonxe ás líderes. Cun gran traballo de Alonso na bici, puideron dar caza a unha parella máis e cruzaron a meta terceiras.

Desta forma, o club branquiazul segue con posibilidade de repetir podio na clasificación xeral da Liga de Primeira División, a falta da xornada definitiva este domingo.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …