A delegación comarcal da Federación Galega de Judo entregoulle un agasallo ao alcalde de Narón en recoñecemento ao seu apoio aos deportistas locais

Juan Carlos Trillo, Marián Ferreiro, Sergio Trillo, José Manuel Blanco e Ricardo Trillo no acto – Concello de Narón

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu no seu despacho ao judoka naronés Sergio Trillo, ao seu pai, Juan Carlos, e o adestrador e representante da delegación comarcal da Federación Galega de Judo, Ricardo Trillo. No transcurso da reunión Sergio Trillo entregoulle ao rexedor local, en nome da delegación comarcal da Federación Galega de Judo, un agasallo –unha figura con dous judokas- cunha inscrición na que se pode ler: “A José Manuel Blanco Suárez, polo seu apoio aos deportistas locais”. Blanco agradeceu o agasallo recibido e valorou os éxitos obtidos por Trillo na súa carreira deportiva, “o que supón un destacado impulso ao deporte local, neste caso do judo, sendo na actualidade todo un exemplo de traballo e constancia e un referente para os naroneses e as naronesas”.

Sergio Trillo recibiu no ano 2015 o premio ao Mellor Deportista de Narón no transcurso da XXVIII Gala do Deporte de Narón, tal e como recordou o alcalde. “Un premio moi merecido e co que desde o Concello naronés se apostou por valorar os éxitos obtidos por Sergio tanto a nivel autonómico como nacional”, asegurou.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …