Sinde acollerá o VIII Torneo de Fútbol Base organizado polo Concello e a SD O Val

Juan Carlos Teijeiro, Antonio López. Román Romero e Juan Carlos Yáñez na presentación – Concello de Narón

O concelleiro de Deportes de Narón, Román Romero, e o presidente da Sociedade Deportiva O Val, Antonio López, presentaron hoxe a oitava edición do “Torneo de Fútbol Base (F8)” que terá lugar esta fin de semana, mañá e o domingo, no campo de fútbol de Sinde, na parroquia do Val. No acto estiveron tamén presentes o coordinador de Fútbol Base da S.D. O Val, José Carlos Teijeiro, e o vicepresidente segundo, Juan Carlos Yáñez. Un total de corenta equipos, entre os que se inclúen todos os de Narón na citada categoría, e outros da comarca –Fene, Mugardos, Cedeira, Cariño, As Pontes, Ferrol, San Sadurniño…- e A Coruña, participarán neste evento deportivo, no que ademáis se dará visibilidade á Asociación Galega de Fibrose Quística, con motivo da conmemoración do Día Mundial desta enfermidade.

Os partidos do sábado, das categorías Prebenxamín e Benxamín, comezarán ás 9.30 e disputaranse de xeito continuado ata as 20.30 horas, aproximadamente. Na xornada do domingo xogaranse os de Segunda categoría Alevín, desde as 9.00 horas e tamén ata as 20.00 aproximadamente. Tratarase de partidos continuados da primeira e segunda fase –esta última eliminatoria- dun tempo duns vinte minutos cada un, tal e como indicaron desde a organización.

No que se refire ao apartado benéfico, representantes da Asociación Galega de Fibrose Quística instalarán unha mesa con produtos solidarios e tamén sortearán camisetas de varios equipos entre todas aquelas persoas que compren as rifas solidarias que se venderán os dous días. Ao mesmo tempo, persoal da directiva da citada entidade ofrecerá información sobre o traballo que realiza o colectivo.

O presidente da Sociedade Deportiva o Val destacou a colaboración do Concello e agradeceu tamén a prestada polos equipos participantes neste torneo, “que sen iniciar a pretemporada fixeron posible que se poida celebrar este evento”, destacou.

O concelleiro de Deportes, pola súa banda, felicitou á Socidade Deportiva O Val polo “intenso traballo realizado durante toda a tempada” e, de xeito particular, “pola organización deste torneo na cidade, que alcanza xa a oitava edición, e no que poderemos colaborar tamén cunha causa solidaria”.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …