Abeledo defende a urxencia de que as gasolineiras de autoservizo sexan reguladas dende a Xunta de Galicia

André Abeledo-EU Narón

André Abeledo (EU Narón) entende urxente que a Xunta de Galicia se dote dunha normativa clara en canto as gasolineiras desatendidas ou de autoservizo.

Unha vez este tipo de gasolineiras chegaron ao Concello dende EU Narón «entendemos necesario posicionarnos e advertir dos riscos tanto para o consumidor como para as traballadoras e traballadores do sector«.

Dende EU Narón tamén «entendemos que os concellos, incluído o concello de Narón, deben posicionarse para defender os intereses e protexer os dereitos da veciñanza, tanto dos que son usuarios das gasolineiras como das traballadoras e traballadores do sector, esixindo a urxente regularización do sector e o peche deste tipo de gasolineiras, como se fixo en comunidades autónomas como Valencia ou Madrid«.

Abeledo defende que é preciso acabar con as coñecidas como “gasolineiras fantasma”, nas que os clientes deben servirse eles mesmos a gasolina ou diésel e pagar en máquinas de cobro automático, sen que teña a ninguén que poida dar instrucións ou vixiar a que se faga un correcto uso das mangueiras de repostaxe. «Debese ter en conta o produto do que estamos a falar, posto que a gasolina é un combustible con un alto perigo de explosión ou incendio, o que fai vital contar con unha persoa cós coñecementos e a formación necesaria para a manipulación das mangueiras«.

Ademais aqueles usuarios que precisen axuda, ben sexa por descoñecemento ou por unha discapacidade deben ter dereito a que alguén lles preste este servizo.

André Abeledo indica tamén que este tipo de gasolineiras son unha competencia que poderiamos chamar “desleal” posto que o traballo tanto de dispensar a gasolina como de cobro da mesma a ten que facer o usuario, «poñendo así en risco postos de traballo en outras gasolineiras do noso concello que teñen que pagar nóminas os seus empregados«.

Abeledo indica que este modelo de gasolineira «é un perigo para o usuario, discrimina as persoas con discapacidade, e pon en risco postos de traballo«.

Lea también

Nueve escuelas de danza de Ferrolterra se reúnen en Odeón para la VI Gala del Día Internacional de la Danza

El Centro Comercial Odeón de Narón acoge este sábado a partir de as 18:30 horas …