A II Ruta Cicloturista reúne preto de 250 kgs de alimentos para o Banco de Cabanas

Instante da ruta – Concello de Cabanas

Éxito de participación na segunda edición da Ruta Cicloturista Concello de Cabanas celebrada o pasado sábado. A Concellería de Deportes informou de que preto dun centenar de veciños e visitantes, pequenos e maiores, tomaron parte na marcha, fronte ós algo máis de 60 rexistrados na primeira edición. Unha evolución que consolida a iniciativa no calendario deportivo local. Así mesmo, dende o Concello destácase o carácter solidario da ruta xa que, por segundo ano consecutivo, no lugar de cota de inscrición solicitouse a entrega de alimentos para o Banco local. En total, reuníronse uns 250 quilogramos.

A marcha estivo organizada polo Concello, en colaboración coa SCRYD San Mamede de Laraxe e a AVV de Santa Cruz. Con punto de partida e saída no local da primeira entidade, contou con dous percorridos adaptados ás idades de 19 kms e 2,5 kms.

Así mesmo, ó remate da ruta os participantes máis novos participaron nunha xincana no local da SCRYD San Mamede, pensada especialmente para o disfrute dos máis pequenos, que recibiron unha medalla en caso de completala.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …