Xornada de iniciación ó tiro con arco para os nenos do proxecto Grow Up With Us

Instante da actividade de iniciación – Concello de Valdoviño

O campo de fútbol de Mourente, en Valdoviño, acolleu onte unha xornada de iniciación ó tiro con arco moi especial, xa que nela tomaron parte oito nenos e nenas do proxecto Grow Up With Us. A iniciativa foi posible grazas á colaboración do Concello, a través da Concellería de Deportes, e do Club Arco A Frouxeira. Grow Up With Us é un proxecto impulsado por Decathlon Ferrol en colaboración con Dignidad que ofrece a oportunidade a nenos e nenas en acollida de disfrutar do seu deporte favorito grazas ás aportacións económicas e de material, pero sobre todo á transmisión de valores por parte dos colaboradores voluntarios nas actividades que se realizan mensualmente.

Así, durante a mañá de onte, monitores do Club Arco A Frouxeira amosaron a nenos e nenas de entre 10 e 17 anos este deporte e estes probaron a disciplina nunha xornada entretida e ó aire libre que foi moi motivadora para eles. De feito, xa pensan en continuar coa súa práctica.

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …