O Concello de Valdoviño promove a primeira edición da Andada Surfeira

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, promove neste mes de agosto a I Andada Surfeira. Unha iniciativa con participación gratuíta, aínda que con necesaria inscrición previa. Para formalizala o Concello abrirá o prazo os días 22 (próximo martes), 23 e 24, en horario de 10 a 13 horas. Neses horarios, os interesados poderán anotarse chamando ó 981 48 76 66 ou acudindo á Casa da Cultura.

O itinerario da I Andada Surfeira do Concello de Valdoviño discurrirá pola estrada da Costa e terá como destino final a praia de Pantín. Celebrarase o domingo 27 de agosto, partirá ás 10,30 horas da praia pequena da Frouxeira, e cubrirá unha distancia duns 7,5 quilómetros de dificultade media-baixa.

Dende o Concello sinálase que se dará por finalizada a actividade no punto de chegada, tendo cada participante que organizar pola súa conta o regreso. Así mesmo, poderán tomar parte menores de idade debidamente inscritos, aínda que terán que acudir cun adulto que se responsabilice do mesmo.

O material recomendable para esta camiñada é o habitual para este tipo de actividades, aconsellando levar roupa deportiva cómoda e protección para o sol.

Lea también

En un partido difícil ,pero sin mordiente, tras el fallo de un penalti a favor del Racing, finaliza con el 0-0 en el marcador

(Amboage)-Un partido difícil al que se enfrentó el Racing de Ferrol en la noche de …