O Concello de Cabanas realiza traballos de rebacheo en dez camiños municipais

Fachada do Concello – Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Obras, está a levar a cabo nestes días traballos de rebacheo en dez camiños das diferentes parroquias do municipio. As labores foron contratadas pola Administración local e nelas investiu preto de 1.500 euros. En concreto, actuouse en diferentes tramos dos camiños de Chamoso, A Veiga, Vilachá, Os Sauces, Santa Cruz, Lavandeira, Regüela, Cádivas, Paseo da Madalena e na zona do polígono de Vilar do Colo.

Coas diferentes actuacións búscase mellorar o estado do firme das vías, dando resposta ás demandas trasladadas polos veciños e tamén ás necesidades detectadas polo Concello.

Lea también

Intoxicado un vecino de Cervás, Ares, por la mala combustión de una estufa de leña

Un vecino de Ares,  E.P.P. de 72 años de edad, ha resultado intoxicado por monóxido …