Top-5 para Inés Santiago na Copa de Europa de Wuustwezel

Inés Santiago nunha proba – Triatlón Ferrol

Inés Santiago foi a mellor do trío do Triatlón Ferrol na Copa de Europa de Bélxica ao certificar un quinto posto.

“Sentinme moi ben nadando, puiden meterme na escapada. Rodamos seis triatletas, sacamos bastante vantaxe. Correndo, cando fixeron un cambio de ritmo, xa me quedei. Ao final, quinta e moi contenta”, repasa a triatleta ferrolá.

Por detrás, Camila Alonso conseguiu ser 18ª e Carmen Gómez, na súa última carreira da temporada para poder volver a correr sen molestias, rematou 26ª en Wuustwezel.

Lea también

O Parrulo Ferrol jugará el VII Trofeo Cidade de Ferrol el viernes 6 ante el FC Famalicao

Los ferrolanos jugarán una nueva edición del trofeo ante un equipo de la máxima categoría …