Máis de 15 equipos tomarán parte no Torneo de Fútbol Sala OcioSol 2017

Cartel do torneo – Concello de Valdoviño

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá de que máis de 15 equipos disputaranse este ano o Torneo de Fútbol Sala OcioSol. Unha competición que, tras unha década fóra do calendario local, o Concello recuperaba no 2016 con notable éxito de convocatoria. Un bo resultado que o departamento municipal espera reeditar na edición que está a piques de arrancar.

O torneo dará comezo este luns, 7 de agosto, e, a partir desta data, xogaranse partidos todos os días, en horario de 20 a 22 horas no pavillón municipal do Longoiro. O calendario íntegro da competición está a disposición das persoas interesadas no portal web www.concellodevaldovino.com

No marco da presentación do evento deportivo, o edil de Deportes de Valdoviño subliñou a boa acollida dispensada a este torneo estival, e puxo en valor o feito de que a maioría dos equipos que van participar sexan do propio municipio.

Finalmente, dende o concellería de Deportes apúntase que o Torneo de Fútbol Sala Ociosol está aberto á asistencia do público interesado, e anímase aos afeccionados/as a seguir os encontros.

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …