A XI edición do Torneo 3×3 de Baloncesto Concello de Cabanas disputarase esta fin de semana

Edición anterior do torneo – Concello de Cabanas

Un ano máis, e con este serán once, Cabanas acollerá unha nova edición do seu Torneo 3X3 de Baloncesto. Celebrarase dende o venres 4 e ata o domingo 6 de agosto. Unha fin de semana especial para os amantes do baloncesto e o deporte que, no parque do Areal, constituirá unha nova oportunidade para disfrutar do inmellorable ambiente que cada ano proporciona este evento.

Nesta ocasión, tomarán parte 24 equipos –dos que 18 son masculinos e outros seis femininos-. Aínda que maioritariamente proceden de localidades da Coruña, tamén confirmaron asistencia formacións doutras provincias galegas.

Enfrontaranse inicialmente en catro grupos de seis. A partir de aí, os mellores pasarán a oitavos, cuartos e, o domingo, semifinais e finais. Así mesmo, durante a xornada dominical tamén terán lugar diferentes concursos (triples, un contra un…), nos cales o público terá a oportunidade de participar.

A competición, novamente, está organizada por un equipo de mozos do municipio que comparten a súa afición polo básket. Estes son Jaime García, Tomás Novoa, Pablo Seijas, Miguel Regueiro, Luis Díaz, Pedro Díaz, Alberto Regueiro, Angel Nael, Íñigo Blanco e Joshua Gallagher. Así mesmo, o Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, colabora activamente no torneo, xa consolidado no calendario deportivo local.

No transcurso do mesmo, o público poderá participar en diferentes sorteos de material deportivo e electrónico, cedido maioritariamente por pequenos establecementos colaboradores. Entre eles, smartwatch, pulseiras deportivas, gafas virtuais, roupa deportiva ou descontos en tendas deportivas.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …