Cabanas organizou unha ruta circular en Soaserra

Participantes na ruta – Concello de Cabanas

Vinte persoas tomaron parte o pasado sábado na ruta circular en Soaserra organizada pola Concellería de Deportes de Cabanas no marco do programa municipal de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o rico patrimonio natural e arquitectónico do municipio. Un programa gratuito que se vén celebrando con periodicidade mensual e que, nesta ocasión, coincidiu coa Romaría de Santa Marta.

Partía do igrexario de Soaserra e, os participantes, cubrían un percorrido duns 10 kms pola parte alta de Soaserra ata adentrarse nas Fragas do Eume. Punto éste de retorno ó templo.

Lea también

O Parrulo Ferrol jugará el VII Trofeo Cidade de Ferrol el viernes 6 ante el FC Famalicao

Los ferrolanos jugarán una nueva edición del trofeo ante un equipo de la máxima categoría …