Os concertos na Madalena ofrecerán este sábado o mellor pop rock dos 80 da man das formacións Nuevo Plan e The Kids Band

Concurso de Castelos – Concello de Cabanas

A praia da Madalena converteuse esta mañá nunha auténtica galería de arte grazas ás creacións na area realizadas polos máis de 80 nenos e nenas que tomaron parte no Concurso de Castelos organizado polo Concello no marco da Romaría de Santa Marta. Todos eles, recibían unha medalla, namentras que as creacións máis orixinais foron recompensadas con diferentes premios.

Así mesmo, o programa de Santa Marta previsto para mañá sábado, 29 de xullo, inclúe circo a pé de rúa con Circo Chosco e Peter Punk. A partir das 20 horas no paseo do piñeiral, os primeiros ofrecerán o seu show Chosco gran formato. O humor e o absurdo son os fíos que tecen a trama dun espectáculo no que os protagonistas realizan trucos imposibles. Risco, sorpresa, desastre e surrealismo crúzanse coa impecable técnica en forma de portés, acrobacias aéreas, malabares… e, de seguido, Peter Punk co seu e s p e c t á c u l o “Chungo k te cagas”. Peter Punk é a personaxe que encarna Isaac Rodríguez Miranda, un neno chegado do país de Nunca Máis que se resiste a medrar. Un pallaso gamberro e completamente irreverente. Malabares, participación do público mozo e adulto, globoflexia, tartazos e moito humor.

E, pola noite, regreso aos 80. Os mellores temas de La Frontera, Nacha Pop, Los Secretos, Alaska, Loquillo, Siniestro, Burning… e moitos máis poderán escoitarse e, sobre todo bailarse, no concerto que ofrecerá a banda Nuevo Plan, con entrada gratuíta no antigo campo de fútbol do paseo da Madalena e hora estimada de inicio ás 23 h. Tocar en directo e facérllelo pasar ben á xente é a súa máxima e, para iso, recorren como ninguén ó pop-rock español dos 80.

Sobre o mesmo escenario, pero unha hora antes, ás 22, o programa festivo inclúe outra actuación musical de luxo: a de The Kids Band. Un grupo emerxente moi novo que se atreve con grandes lendas da música como The Beatles. Coke, voz e guitarra, Lucas á batería e Ricky ao baixo ofrecerán o mellor de si mesmos para conseguir que o público goce como nunca. Para iso, recorrerán a versións dos grandes temas de grupos como Tequila, Hombres G ou Loquillo.

Citas para o domingo

O domingo arrancará co Cross Popular polo piñeiral da Madalena a partir das 11 horas e, sobre as 12,30 h, o grupo local Airiños do Frade iniciará un pasarrúas para animar a festa. Xa ás 13,30 horas, no antigo campo de fútbol do paseo da Madalena, concerto de SonBoleros. E, ás 15 horas, o piñeiral albergará unha nova edición do xantar popular. Ás 17,30 h, actuación de Airiños do Frade no piñeiral e, pechando as festas, ás 19 horas, Carlos Bau & 80 razones subiráse ao escenario instalado no antigo campo de fútbol para ofrecer aos presentes un auténtico homenaxe aos vocalistas e formacións do pop nacional da década dos 80.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …