O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol quer sumarse ás iniciativas xurdidas tras o pasamento do gaiteiro e artesán, Antón Varela, que piden do Concello de Ferrol que se lembre a súa figura e o seu inxente labor pola cultura do noso país adicándolle un espazo no barrio de Canido do que era veciño.
O BNG sinala que o pasamento de Antón Varela deixa un oco na cultura de Galicia e lembra que era unha das figuras de referencia da música tradicional galega e do seu instrumento por excelencia, a gaita.
Desde o BNG «cremos que a nosa cidade ten que saber ser xenerosa e lembrar aos seus veciños que contribuiron coa súa aportación a manter viva e a agrandar a nosa identidade cultural como pobo e da que todos e todas as galegas temos que estar orgullosas«.