Valdoviño vese na obriga de retirar na última semana sete xogos dos parques infantís da Frouxeira e Marnela por actos vandálicos

Área Recreativa de Atios – Concello de Valdoviño

Actos vandálicos rexistrados nos últimos días obrigaron ó Concello de Valdoviño a retirar ata o momento sete xogos dos parques infantís da Frouxeira e de Marnela, na parroquia de Pantín. O primeiro capítulo acontecía na área de xogos do parque da Frouxeira, trala celebración das festas na honra do Carmen, cinco xogos amanecían con diversos destrozos. Foron varios usuarios das instalacións quenes deron a voz de alerta e, acto seguido, o Concello procedeu a precintar os aparellos e, a continuación, retiralos. O seguinte paso foi a revisión dos restantes xogos por parte dunha empresa externa co ánimo de garantir a seguridade para os máis pequenos.

Os feitos repetíanse esta semana, pero en Marnela. Alí, aparecían dous dos xogos gravemente danados e incluso un deles, coas pezas de suxeición soltas. Esta mañá, e tras ter coñecemento dos feitos, o Concello procedía á súa retirada.

Dende a Administración condéase este tipo de actos vandálicos sen sentido e faise un chamamento á responsabilidade. Lembra tamén que neste caso ponse en perigo a seguridade dos máis novos e, en segundo lugar, que a reparación necesaria acaba saíndo do peto de toda a veciñanza.

Lea también

O Novembro, mes do humor continúa co espectáculo Eran elas de Avelino González

O Museo do Humor Xaquín Marín de Fene acolle este venres 22 de novembro, a …