Carmen Gómez lidera a delegación ferrolá no Tríatlon de Arteixo

Carmen Gómez – Triatlón Ferrol

O Triatlón Ferrol estará encabezado por Carmen Gómez na cita deste domingo do Tríatlon de Arteixo.

Despois de alzarse co subcampionato de España de ácuatlon en categoría elite, a internacional do club departamental é a máxima candidata ao triunfo se non se resinte da súa lesión no sóleo.

En categoría masculina, Iván Puentes, Pablo Pedrosa, Basi Seijas, Borja Catrufo, Iker Pita e Pablo Sanjurjo formarán o equipo que opte ás medallas por clubs e manter os éxitos do conxunto ferrolán despois de gañar en Lugo no Tríatlon do Miño.

Completan o equipo na proba sen tempo de corte do circuíto galego Marcos Caneiro, David García, Manu Pita, José María Eiroa, Juanchi González e Iván Gómez.

Lea también

En julio se inician en Ferrol los cursos de verano de la Escuela de Vela A.C.R.D. Grupo Bazán

Se ha abierto el plazo de inscripción para los cursos de iniciación a la vela …