Ferrol será o escenario de dúas probas de triatlón o 29 de xullo e 5 de agosto

Instante da presentación – Concello de Ferrol

Esta mañá en rolda de prensa o concelleiro Suso Basterrechea presentou xunto ao presidente do Club Triatlón Ferrol Jose Antonio «Cali» Formoso, presentaron as dúas probas de Triatlón que terán como escenario a nosa cidade.

O concelleiro de deportes comezou a súa intervención subliñando que “esperamos un seguemento masivo para unhas probas e un deportes que ten moito apoio na cidade e unha longa tradizón” e aproveitou a ocasión para felicitar os Club Triatlón Ferrol “polo últimos logros e éxitos acadados como xa é costume”.

Pola súa banda o presidente do Club Triatlón quixo aproveitar a ocasión para “agradecer o apoio do Concello, xa que sen este apoio sería imposible conseguir estes éxitos e seguir nun alto nivel de excelencia.

A primeira delas que será o día 29 de xullo correspondente á probra galega do Campionato Galego de Triatlón Categorías Menores e saíran dende o Peirao de Curuxeiras, sendo a primeira proba a da categoría Benxamín ás 10.30 h e a última ás 12.30 h na categoría de cadetes. Nesta proba participarán uns 310 triatletas entre as 4 categorías, que son o total

A segunda proba terá lugar o 5 de agosto que será o XVII Cidade de Ferrol que terá tamén saída do Peirao de Curuxeiras ás 16.00 h unha proba a que está prevista que asistan algúns dos mellores triatletas do momento e que contará ademais cunha carreira popular e unha proba para a categoría de benxamíns e alevíns.

Lea también

AD Judo Ferrolterra consigue siete Oros en la III Jornada de la Liga Galicia Rías Altas

El pasado sábado 24 de enero se disputó en Arteixo la 3ª Jornada de la …