En Ferrol
Por segundo ano consecutivo haberá unha rolda polos barrios de Esteiro e da Madalena
con motivo do Dia dá Patria. A mobilización convocada pola Fundaçom Artábria, xunto ao BNG, CIG, Cerna, Causa Galiza, Briga, Isca! e Semente Trasancos partirá ás 12.00 hs da Praza do Himno Galego e finalizará na Praza de Galiza.
Despois da ruada organízase na Fundaçom Artabria unha sesión vermu amenizada polo cantante ferrolán Manolo Bacalhau, á que seguirá un xantar popular .
En Redes-Ares
Dentro das actividades previas á celebración do Dia da Patria Galega, o BNG de Ares organiza para mañá sábado dia 22 un acto público aberto que se desenvolverá a partir das 19 horas na horta da «Agrupación Instrutiva de Caamouco», en Redes.
O acto misturará a música coas mensaxes políticas que correrán por conta da concelleira do BNG, Cristina Cadena, o portavoz municipal, Emilio Mesías, e o deputado do BNG no Parlamento Galego, Xosé Luis Rivas «Mini».
Tamén haberá un momento de pintacaras para nenas e nenos, e, para rematar, unha degustación de mexillóns.
DÍA 24
O concello de Ferrol organiza un acto institucional na praza do Himno Galego, ás 12.00 h. Actuará o Real Coro «Toxos e Froles» e se efectuará unha ofrenda floral ante o monumento a Xosé Fontenla Leal
DÍA 25
Esquerda Unida organiza en Mugardos unha homenaxe na Praza do Concello ao alcalde republicano mugardés Juan Prieto Balsa fusilado na noite do 24 de xullo de 1936 á beira do río Ombre, na localidade de Pontedeume.
O acto en que se conmemora o Día de Galicia contará coa participación da alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, e o membro da executiva de Esquerda Unida, Xabier Ron.