Cabanas invita a veciños e visitantes a participar nunha Ruta Circular en Soaserra

O Concello continúa co programa municipal de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o rico patrimonio natural e arquitectónico de Cabanas. Neste mes de xullo, a Concellería de Deportes invita a veciños e turistas a tomar parte na Ruta Circular en Soaserra. Aínda que a proposta é gratuíta, é preciso anotarse na concellería –casa consistorial-, enviar un correo ó enderezo cultura@cabanas.gal ou chamar ós teléfonos 981 49 59 59 ext.3 ou 674 25 88 12. O prazo abrirase este luns, 24 de xullo e concluirá o venres 28 –ás 14 h-.

A ruta celebrarase o sábado 29 –en principio estaba previsto para o domingo, pero trasladouse ó coincidir na xornada central da Romaría de Santa Marta-. O punto de partida para quen non coñeza o terreo será a consistorial ás 9,45 horas e, para quen o prefira, ás 10 h no igrexario de Soaserra. O percorrido, duns 10 kms, discurrirá pola parte alta de Soaserra ata adentrarse nas Fragas do Eume. Punto éste de retorno ó templo. O tempo estimado é de tres horas e a dificultade da ruta é moderada, cun desnivel acumulado de 280 m.

Lea también

AD Judo Ferrolterra consigue siete Oros en la III Jornada de la Liga Galicia Rías Altas

El pasado sábado 24 de enero se disputó en Arteixo la 3ª Jornada de la …