Este domingo el remo tendrá una cita en Ferrol

Instante da presentación – Concello de Ferrol

Esta mañá en rolda de prensa o concelleiro de Deportes Suso Basterrechea xunto a José Almeida e Eugenio Meizoso, secretario e delegado do Club de Remo da Cabana respectivamente presentaron a nova edición da Bandeira Cidade de Ferrol de Traiñeiras.

Xa son 14 edicións no caso da Bandeira Cidade de Ferrol de Traiñeiras na categoría masculina, e 5 da Bandeira feminina Cidade de Ferrol de Traiñeiras na categoría feminina. Este ano o Clube de Remo só competirá na categoría feminina tal e como subliñou o o seu secretario Jose Almeida, xa que “non podemos competir na categoría masculina por motivos laborais dos remeiros.

A competición comezará ás 16.30 h cunha primeira quenda na que competirán as mulleres e posteriormente terá lugar a competición masculina. Son as probas correspondentes Liga A galega de Traiñeiras.

O concelleiro de Deportes Suso Basterrechea aproveitou a ocasión para subliñar que “estamos a vivir un momento moi doce no deporte e especialmente no Remo” e ademais aproveitou a ocasión para “felicitar ao Clube de Remo polo recente éxito no Campeonato de España na categoría xuvenil”.

Lea también

A Coruña acolle a XXXIII edición do Campionato de España de Dominó por Parellas, con máis de 500 participantes de todo o país

A competición celébrase do 6 ao 8 de decembro no Hotel NH Collection Finisterre. A …