O 3×3 Basket & Music de As Pontes tivo lugar o sábado

Circus Shot, campións masculinos – Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) Este sábado disputouse na pista do Colexio Santa María o torneo de Baloncesto Tres por Tres, organizado polo Club Baloncesto As Pontes, coa colaboración do Concello pontés.

Ó longo de todo o día e ata as oito e media da tarde, sete equipos masculinos e sete femininos xogaron un total de trinta partidos.

Na categoría masculina acabou vencendo o Circus Shot, por diante de Showtime. O terceiro posto foi para Sanatorio Spurs e o cuarto para Lamentabla. Tamén participaron María Napolitano, Sin Nombre e Frenahaybaçhe SK.

O Maristas Never Give Up foi o gañador feminino por diante do B 2 S e Las Precipotadas. En cuarto lugar acabou Pico y palo, e tamén competiron Dream Team, Cuchufletas e Noe y las chicas.

Ó remate do evento entregaron os premios ós tres primeiros clasificados de cada categoría o presidente do CB As Pontes, Juan Eladio Pico, e o Concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás.

Maristas Never Give Up, campionas femininas – Xosé Ferreiro

Lea también

El concello organiza su II Triangular de fútbol femenino con el apoyo del Rápido de Neda

Los días anteriores se juega también en el campo municipal de Neda una nueva edición …