Valdoviño acollerá esta fin de semana o Campeonato de España Cadete e Menor de 14 anos de Tiro con Arco

Instante da presentación – Concello de Valdoviño

O Campionato de España de Tiro con Arco Cadete e Menor de 14 anos, así como a fase final do Campionato por equipos mixtos de comunidades autónomas en ambas categorías, disputarase en Valdoviño. A competición, organizada pola Real Federación Española de Tiro con Arco e a Federación Galega, conta coa colaboración do Concello e do Club de Arco A Frouxeira e será de entrada libre para o público. Un total de 220 arqueiros daranse cita na búsqueda dunha praza na selección nacional para representar a España nos Mundiais. Un deles será o primeiro arqueiro con discapacidade visual que participe nun Campeonato de España a nivel de exhibición para dar a coñecer a nova modalidade de tiro con arco para arqueiros invidentes. O deportista local Adrián Orjales Vidal.

Precisamente esta mañá, o salón de plenos da casa consistorial acollía o acto de presentación da competición, no que tomaron parte o alcalde, Alberto González; o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra; o presidente da Federación galega, Alfredo Rubido; o presidente do Club de Arco A Frouxeira, Fernando González, e o seu secretario, José Teijeiro.

O campeonato celebrarase esta fin de semana os días 22 e 23 de xullo, no Campo de fútbol de Mourente, e o rexidor agradecía a implicación de pequenas empresas locais como a Cooperativa de Lago, o cámping ou Gairesa, así como a colaboración da Armada e Navantia Ferrol na cesión de material. Poñía en valor a participación de Adrián Orjales e, especialmente, o traballo que realiza o Club de Arco A Frouxeira que, en tan pouco tempo, ten favorecido de forma espectacular a práctica deste deporte no municipio. Por último, subliñou a oportunidade que o campeonato brinda á promoción turística de Valdoviño, xa que serán máis de 200 familias as que visiten o municipio, amáis da difusión a través de diferentes plataformas, como youtube. Precisamente, Alfredo Rubido, sinalou que o público poderá seguir en directo a competición a pé de campo grazas ós mellores medios técnicos: pantallas de control de tiro, así como que se prevé a retransmisión do evento a través dun canal específico de youtube. Destacou tamén a alta participación, superando a barreira dos 200 arqueiros, así como o concurso dos 19 inscritos galegos, especialmente na modalidade de arco recurvo.

Para Fernando González, o campeonato é todo un reto para o Club que preside e agradeceu especialmente a colaboración de todos os voluntarios. Tamén avanzou que as escolas de surf ofrecerán bautismos para aqueles rapaces participantes.

O Campeonato de España Cadete e Menor de 14 anos, para ambas categorías, desenvolverase por medio dun round clasificatorio seguido da serie Olímpica (sistema de sets) para arco recurvo e da Serie de Encontros (puntos acumulativos) para arco composto. Así mesmo, ó remate destas competicións, realizarase a clasificación da fase previa do Campeonato de España por Equipos Mixtos tendo en conta a suma das mellores puntuacións masculina e feminina de cada federación, en cada división e clase, obtida nos dous mellores rounds clasificatorios das tres tiradas da liga nacional, máis a puntuación obtida no round clasificatorio do Campeonato de España Cadete e Menor de 14 anos. Do ránking resultante, os catro primeiros equipos mixtos diputarán a fase final do Campeonato de España de equipos mixtos de Comunidades Autónomas, realizando as eliminatorias correspondentes, que comezarán en semifinais.

Lea también

La Gala del Deporte de Valdoviño reconoce los méritos de 31 deportistas de 21 disciplinas

O Concello de Valdoviño celebra el próximo viernes 23 de mayo la VI edición de …