Inés Santiago, única sub-23 convocada para as Series Mundiais de Hamburgo

Inés Santiago nunha proba – Triatlón Ferrol

Inés Santiago competirá este sábado nas Series Mundiais de Hamburgo e ten moitas opcións de ser seleccionada
para o Mundial de relevos mixtos do domingo, xa que formou parte do relevo campión do mundo en categoría junior e sub-23.

Na cita do máximo circuíto internacional, a promesa do Triatlón Ferrol non se marca un posto como resultado polo que loitar senón, aprender da propia competición. “O ano pasado fixen o meu debut en Series Mundiais aí e aprendín moitísimo. Gustaríame volver aproveitar a oportunidade que me dan gañando experiencia”, avanza a ferrolá, que en 2016 finalizou nun sobresaínte 33º posto.

As Series Mundiais de Hamburgo desenvolveranse en distancia sprint -750 m de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé- desde as 14:10h deste sábado.

Lea también

El concello organiza su II Triangular de fútbol femenino con el apoyo del Rápido de Neda

Los días anteriores se juega también en el campo municipal de Neda una nueva edición …