O Ximnasia Ferrolterra Fene participou no II Trofeo Astur-Galaico

As ximnastas cos seus adestradores – Ximnasia Ferrolterra Fene

O pasado sábado, o Ximnasia Ferrolterra Fene se desplazou ata Gijón para participar no II Trofeo Astur-Galaico, organizado polo RGC Covadonga de Gijón. Participaron pola entidade fenesa 10 ximnastas nun trofeo no que non había medallas por aparato, soamente a suma do total dos catro.

En promogym 1, participou e se proclamou Campiona na súa categoría Icia Arroyo Álvarez.

En promogym 3, participaron Ainhoa Tenreiro Mosquera que foi Campiona do trofeo nesta categoría, Tyesha Vicente Humpries que foi terceira clasificada e tamén participaron a gran nivel Paula Parada Rodríguez e Alba Iglesias Gómez.

En Nivel 1, articiparon Alba González Gorgullo, Lola Cainzos Díaz, e Andrea Martín Iglesias, realizaron moi boa competición aínda que non atoparon premios.

En Nivel 2, participaron Tatiana López Rivas, segunda na sua categoría e Cintia Fernández Sanmartín, terceira posición para ela no Torneo.

Lea también

Abierta la presentación de ofertas en FIMO Ferrol, para la ciudad del deporte

Hasta el próximo 29 de julio se pueden presentar las ofertas para las mejoras en …