A Deputación financia as obras de renovación da rede de abastecemento en Ber, Pontedeume

Playa de Ber

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a saída a licitación das obras de construción dunha nova rede de abastecemento en Ber, no termo municipal de Pontedeume. A Deputación da Coruña financia este proxecto cun total de 35.927,76 €, dentro do seu Plan de Medio Ambiente (PMA).

A nova rede de abastecemento executarase desde a intersección da DP 4803 coa estrada de acceso á praia de Ber, permitindo subministrar auga potable ao cámping, as duchas do areal, os edificios e as vivendas situadas na zona.

Na actualidade, a rede de distribución existente presenta roturas continuas, que ocasionan importantes derrames de auga e provocan que con frecuencia moitos usuarios non dispoñan de abastecemento de auga.

O proxecto financiado pola Deputación permitirá reducir ás perdas de auga e mellorar a calidade e o servizo de distribución, a través dun sistema consistente nunha tubaxe de polietileno, válvulas de corte hacia os diferentes ramais e conexións, catro bocas de regos e tres arquetas de rexistro.

Así mesmo, os fondos provinciais permitirán renovar a beirarrúa onde se executarán nas obras, mediante pavimento de formigón de color e encofrado con bisel.

Lea también

Arrancan en As Pontes las segundas Jornadas en Gestión Forestal Sostenible

La parte teórica se impartirá en el local de la asociación de empresarios SEARA, en …