(Xosé Ferreiro) Dende o pasado luns e ata este xoves tivo lugar o quinto Campus de Verán de Fútbol Sala de O Esteo de As Pontes.
Foron catro días con xornadas que ían dende as 10:00 ata as 18:00 que abarcaron diversas actividades, destinado a preto duns 50 cativos de entre 6 e 16 anos.
Contou coma monitores con Gonzalo Iglesias “Morenín”, David Riveira, Fidi, que retornou ó CD As Pontes para esta tempada, e o gran porteiro Iago Barro, ex de Burela, ElPozo Murcia e compañeiro de Noé no Fundao, e que estará no Santiago Futsal nesta 2017-18.
Ó longo dos catro días acudiron tamén o capitán do O Parrulo Jacobo, que contribuiu con 20 goles ó ascenso a Primeira do equipo ferrolán, Juan Puertas, ex de Lobelle, Jaén ou Levante, e na derradeira xornada, Juanma Marrube, que adestrará o Burela na Segunda División, e o seu porteiro, o narónés Edu.
Ao remate do acto fixeronse diversos sorteos de agasallos entre os rapaces, e entregouse un diploma a cada participante, a cargo do Presidente e Vicepresidente do O Esteo, Fran Fernández e Juan Rodríguez, o delegado Rosendo García e o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás.