Cabanas e KDM reforzan o seu vínculo para a promoción de Cabanas como destino principal para os amantes dos deportes náuticos

Instante da firma – Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas estreita este ano a súa colaboración co Club Cabanas KDM, unha entidade que ten entre os seus principais obxectivos a promoción e fomento dos deportes náuticos no municipio para, en paralelo, potenciar o turismo de litoral.

O alcalde, Germán Castrillón, e o presidente da entidade, Gumersindo López, asinaban esta semana o contrato de patrocinio polo que o Concello destinará 6.000 euros ó clube e, este, levará o nome do Concello ás competicións e eventos deportivos, ligas e campionatos da Federación Galega e Federación Española de Piragüismo nos que toma parte ó longo do ano. Citas por todo o territorio nacional, que atraen a milleiros de seguidores e que, a través dos medios de comunicación e as novas tecnoloxías, contan cun seguemento moi significativo.

Un contrato de patrocinio que tamén proxectará a marca Cabanas dende o municipio ó exterior. A través das competicións deportivas de primeiro nivel, promovidas polo Club Cabanas KDM. Unha oportunidade para dar a coñecer Cabanas ao mundo do deporte, para amosar os seus recursos e, sobre todo, as posibilidades de ocio activo que ofrece. Unha aposta polo turismo deportivo e unha oportunidade para, co patrocinio do Club Cabanas KDM, continuar diversificando a economía local e xerar riqueza para a localidade.

Xa dende 2012, ano no que nace o Club Cabanas KDM, entidade e Concello veñen traballando para lograr situar a Cabanas como un destino principal para os amantes do deporte e das actividades ao aire libre. Nun auténtico referente, especialmente, para os practicantes de kaiak no Norte da Península.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …