Cinco menores procedentes de Chernóbil asistiron a unha recepción organizada no Concello de Narón

O Concello de Narón acolleu na mañá de onte unha recepción aos cinco menores que, procedentes de Chernóbil, pasarán dous meses con catro familias de acollida da localidade.

O alcalde, José Manuel Blanco, presidiu o acto, acompañado pola edil de Acción Social, Catalina García, e os portavoces municipais do PP, Marcos López e EU, André Abeledo. Asistiron tamén os familiares que acollerán aos menores e Montse Tuimil, coordinadora do programa na zona, impulsado pola ONG Ledicia Cativa.

As catro nenas e o neno, de entre 9 e 14 anos, chegaron na madrugada do pasado día 22 e estarán na cidade ata o vindeiro 30 de agosto, tal e como indicou Tuimil.

O alcalde e a edil de Acción Social deron a benvida aos participantes neste programa e agradeceron a colaboración das familias para que ano tras ano se poida desenvolver na localidade. Así mesmo, anunciaron o seu compromiso para continuar difundíndoo na cidade. Esta proposta de acollida temporal concíbese en proceso recuperativo da saúde de nenos e nenas rusos afectados pola radiación de Chernóbil, ao proceder de zonas nas que tiveron lugar “desastres ecolóxicos”, tal e como se indicou desde a ONG. Agora pasan parte do verán coas familias naronesas, e nesta ocasión a totalidade dos asistentes xa participaran na iniciativa en anos anteriores.
Os representantes da corporación local entregáronlles uns agasallos aos menores e tamén un cheque por un importe de 60 euros para que poidan canxear por material na Librería Galicia, en Narón.

Lea también

El comité de empresa de Guidoni Quartz rechaza el ERTE planteado para la planta de Narón

Afectaría a toda la plantilla de la planta de fabricación de tableros de aglomerados de …