A piscina municipal de Lago abre a tempada de baño este sábado

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, informou esta mañá de que a piscina municipal de Lago inaugurará a tempada de baño este sábado, 1 de xullo. Permanecerá aberta os sete días da semana e tamén nas xornadas festivas.

Así, de luns a venres os horarios serán de 16 a 20 horas para compatibilizar a organización de cursos e actividades acuáticas e, sábados e domingos, de 12 a 20 horas, ao igual que os festivos.

O prezo da entrada individual para os menores de 18 anos é de 1,50 euros, namentras que para os adultos sitúase en 2,50 euros. Así mesmo, o concelleiro lembra que tamén hai a opción dos bonos familiares con 15 baños a 20 euros. Pódense solicitar la Concellería de Deportes –segunda pranta da consistorial- de luns a venres de 9,30 a 13,30 horas.

Lea también

“As Pontes, Terra de Cogomelos” premia ós mellores cociñeiros de Galicia

O xurado decidirá o próximo sábado 30 de novembro nun evento de portas aberta ao …