Marcos Ruiz representará á selección galega absoluta no campionato de España de comunidades autónomas no que Galicia sempre opta ao podio.
A promesa do Triatlón Ferrol chega case recuperada dunhas fortes molestias en cuádriceps e adutor, que lle impediron correr cómodo no campionato de España por clubs de Pontevedra. A pesar diso, o gran rendemento de Ruiz motivou a chamada da selección galega.
Agora deberá conseguir a mellor posición posible no tríatlon individual deste sábado para puntuar para a xeral e opta a formar parte do equipo de relevo mixto que presente Galicia para pechar o campionato.
O fenés será o único representante do Triatlón Ferrol debido á ausencia de Inés Santiago, quen competirá no Europeo sprint, de Carmen Gómez e Camila Alonso por lesión e de Melina Alonso por motivos laborais.