Os veciños e veciñas de Fene, matriculados no mes de xuño, poderán reservar a súa praza dende o xoves 15 ao mércores 28 de xuño (ambos inclusive). Os veciños e veciñas de fóra de Fene, matriculados tamén en xuño, terán de prazo dende o 29 de xuño ao 5 de xullo (ambos inclusive). A reserva de praza realizarase nas dependencias administrativas do Pavillón A Xunqueira en horario de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas. A maiores, os días 21, 28 de xuño e 5 de xullo poderán facela en horario de tarde, de 16.15 a 19.00 horas.
No momento da reserva de praza, tanto os veciños de Fene coma os de fóra de Fene, deberán presentar a súa tarxeta de usuario/a e, para quen desexe domiciliar o pagamento trimestral, un recibo do banco cos vinte díxitos da conta.
En canto ás cotas, os usuarios que opten pola modalidade de pagamento mensual terán que abonar a cota correspondente ao mes de outubro do 13 ao 26 de setembro, retirando o recibo e entregándoo, unha vez abonado, no pavillón a Xunqueira. Os/as usuarios/as que opten pola domiciliación bancaria deberán cubrir e asinar a orde de pagamento trimestral no momento de realizar a reserva de praza.
Data de comezo do curso 2017/2018: 1 de outubro de 2017.